417 [= RM 50,9]
Quant’eu de vós, mia sennor, receei

Quant’eu de vós, mia sennor, receei
aver de-lo dia en que vos vi,
dizen-mi ora que mi-o aguis’assi
Nostro Sennor como m’eu receei:
de vos casaren; mais sei ũa ren
se assi for: que morrerei por én.
E sempr’eu, mia sennor, esto temi,
que m’ora dizen de vós, a veer;
des que vos soube mui gran ben querer,
per bõa fe, sempr’eu esto temi:
de vos casaren; mais sei ũa ren
[se assi for: que morrerei por én].
E sempr’end’eu, sennor, ouvi pavor
des que vos vi e convosco falei
e vos dix’o grand’amor que vos ei;
e, mia sennor, daquest’ei eu pavor:
de vos casaren; mais sei ũa ren
[se assi for: que morrerei por én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 258, B 435, V 47

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional a orde das estrofas é I-III-II. Talvez por iso o v. 1 da terceira estrofa precede, riscado, a copia da segunda (terceira en B): (Esemp’u senhᵉ ouuj pauor).

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 506); Lanciani (1977: 55 [= LPGP 337-338]); Littera (2016: I, 375-376).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 24); Braga (1878: 9); Carter (2007 [1941]: 151-152); Machado & Machado (1950: II, 260-261); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 417).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 244); Correia (1978: 116); Fiúza (1981: 133-134); Jensen (1992: 124); Delgado León (1996: 52-53); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 75).

Variantes manuscritas


1 de vós, mia sennor] mha senhor de uos BV   2 vos] uos A   3 aguis’assi] aguisa assy BV   4 m’eu] ueu V   5 de vos] (d)e uos A; ũa] huuha B   6 morrerei] morrei A : moirerey B : moue rey V   7 (Esemp’u senhe ouuj pauor) / E semp’u mha senhe esto temj B   8 m’ora dizen de vós a veer] mhora dizē deuꝯ au’ B : mhora dizen deuꝯ aū V   9 vos] uos A; soube] soubi BV   10 bõa] bona V   11 vos] uos A   13 end’] om. BV; ouvi] ouuj BV   14 vos vi e convosco] uus ui e conuusco A   15 vos] uos A; grand’amor] mui g̃ndamor  B : mui ḡndamor V; que vos ei] que {uos} ei A, q̄ ei BV   17 de vos] Deus V

Variantes editoriais


2 aver] a ver Lanciani : a ve[e]r Littera; vos] vos Michaëlis, Lanciani   3 aguis’assi] aguisa ‘ssi Michaëlis : aguisa assi Lanciani   5 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani   8 m’] mh Lanciani; a veer] avẽer Michaëlis   9 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani; soube] soubi Lanciani, Littera   11 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani   14 vos] vus Michaëlis, Lanciani; convosco] convusco Michaëlis   15 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani; grand’] mui grand’ Lanciani, Littera; vos] vus Michaëlis : om. Lanciani   17 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani

Paráfrase


(I) Canto eu de vós, miña señora, temín recibir desde o día en que vos vin, dinme agora que así mo dispón Noso Señor tal como eu temín: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.

(II) E sempre eu, miña señora, temín ver isto que agora me din de vós; desde que eu vos souben moito amar, certamente, sempre eu temín isto: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.

(III) E sempre diso eu tiven pavor, señora, desde que vos vin e convosco falei e vos dixen o grande amor que vos teño; e, miña señora, disto teño eu pavor: que vos casasen; mais se así for sei unha cousa: que morrerei por iso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:65)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o

Notas


Texto
  • 2

    Na edición crítica deste trobador, Lanciani estabelece receei / a ver (orixe da proposta de Littera, coa corrección ve[e]r) polo feito de achar documentada en Don Denis a expresión receei a veer (499.2). Mais a forma evoluída ver (<med. veer < uĭdēre) non existe no corpus trobadoresco, ao tempo que é maioritaria a construción de recear con infinitivo en función de CD sen preposición1ca receei saberen-mi-o máis d’al (355.3); Quant’eu de vós, mia senhor, receei / aver de-lo dia en que vos vi (417.1).
    O motivo do casamento da senhor con outro é tratado nun grupo reducido de cantigas de diversos autores en que o verbo veer aparece de forma recorrente en locucións comúns a varias destas composicións. Así, expresións como veer gran pesar [da senhor] (120.2, Paai Soarez de Taveiros; 900.2, Roi Fernandiz de Santiago; 1104.5, Lourenço) ou veer [o namorado] quanto receava / temia (118.5-6, Paai Soarez de Taveiros; 121.3, Paai Soarez de Taveiros; 499.1-2, Don Denis) equivalerían a ‘ver como a muller desexada era casada con outro”. Esta circunstancia foi tida en conta á hora de nos cuestionarmos se non sería preciso corrixir no v. 2 a lección <auer>, unánime dos tres manuscritos, para editar ve[e]r en vez de aver; isto é, Quant’eu de vós… receei / a ve[e]r. Con todo, o feito de na cantiga de Paai Soarez de Taveiros (118.3-4 e 9-10) apareceren tamén os verbos recear e temer en combinación co verbo aver nun contexto de significado idéntico (Nostro sennor, quant’end’eu receava / ei! ei! ei!), inclinounos a manter sen deglutinación a unánime lección aver dos tres testemuños.

  • 5

    No inicio do refrán, o <d> da preposición de foi cancelado en A por erro, advertido por un revisor, que escribiu marxinalmente: D refran.

    Neste verso aparece outra das escasísimas alusións ao casamento da dona como razón para a coita de amor, que tamén se pode ver nas cantigas 120 (adivíñase tamén na cantiga 121), de Paai Soarez de Taveiroos, e mais na cantiga 417, de Fernan Velho, e noutras co mesmo motivo implícito no verbo levar (900, de Roi Fernandiz de Santiago), ou no verbo casar (1104, Lourenço).

  • 7-8

    Na lingua trobadoresca o verbo temer aparece en complexos verbais (temer + infinitivo) mais tamén forma unha estrutura equivalente coa preposición a como nexo, de modo similar a outros verbos como conviir, conselhar, ousar, desejar etc. Cfr. nota a 3.17.

  • 8

    Non ten apoio textual nin sentido a lectura avẽer de Michaëlis. Para a duplicidade veer A / aver B véxase nota a 56.10. A mesma ou similar duplicidade aver / veer pode verse en múltiplas pasaxes: veer A vs. aver BV (66.3183.6312.1), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

  • 10

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de AB), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 13

    A forma ouvi, con -i final, é rara en A, xa que só volve aparecer en 313.9 e 347.3.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado