I. Edicións críticas: Pellegrini (1959 [1928]: 106); Lapa (1970 [1965]: 33-34 [= LPGP 159]); Paredesa (2001: 268); Lopes (2002: 79-80); Paredesb (2010a: 243); Littera (2016: I, 98-99).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 34); Braga (1878: 15); Machado & Machado (1950: II, 360-361); Paredes (2010b: 174-177); Paredes (2010c: 121-122); Rios Milhám (2018b: III, 487).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 19-20); Filgueira Valverde (1980: 77-78); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 47-48); Tavares & Miranda (1987: 334-335).
1 vos] uos BV 2 meestre] Meester B; meu] mē B; sén] gen V 3 macar preit’ajades] matar p’eytaia des B : matar p̄eytaia des V 4 voz] nos B : uos V 5 tenha] tenga V 6 todos] todes B 7 aquanto] aq̄ntos B : a q̄ntos V; per-] por BV 9 tenhades] te/mha ds̄ B : te i nađs V; ant’el-Rei] an̄drey V 10 direi-v[o]s ora] direm / Sora B : direm sora V 11 vej[o]] uei B : ne V 12 veja] uei B 13 vos] uos BV 15 vos] uos BV 16 vos] uos BV; coraçon] coracō B 17 voz] uos BV 18 Natal] na t’al B : natal V 21 vos vĩir] uos mj̄r BV; deles] delꝉs BV 22 nen na egreja vos] Nen entrar na na egreia uos BV 23 voz, ca vos] uos ca uos BV; á mester] araes ter V 25 arcebispo] ar ceb̄ro V 26 feito] fcō B : faito V 27 faz] ffay V 28 querra] eq̄rra BV 30 leixade maa voz, ca rapaz] lyxade maa uox carrajay V 31 non na] nō ma B; rēer V
6-7 om. Pellegrini 6-7 ca vossa onra [á] e todos nós, / aquanto nós avemos, per-amar] om. Pellegrini : ca vossa onra é [a] todos nós / e quantos nós avemos por amar Lapa, Paredesa : ca vossa onra é [de] todos nós / e quantos nós avemos por amar Paredesb : ca vossa honra é [de] todos nós, / de quantos nós havemos por amar Lopes : ca vossa honra é [de] todos nós, / a quantos nós havemos per amar Littera 8 tẽer] teer Lopes 9 non na] nõna Lapa : nõn’a Lopes, Littera : nona Paredesa, Paredesb 10 direi] dizer Pellegrini 12 -lo] -la Pellegrini 13 des i] dessi Paredesa, Paredesb 14 vingar] juïgar Lapa, Lopes; end[e] o] end’o Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 17 Acenso[n]] Acençom Littera 21 vĩir] viir Lopes, Littera 22 Nen na egreja] Nen entrar na egreja Pellegrini, Paredesa, Paredesb : Nen ar na egreja Lapa, Lopes, Littera 23 teer] tẽer Pellegrini 26 que o] quen o Lapa, Paredesa, Paredesb : quem o Lopes, quen’o Littera 27 que] quen Lapa, Paredesa, Paredesb : quem Lopes, Littera 31 non na] nõna Lapa : nõn’a Lopes, Littera : nona Paredesa, Paredesb; tẽer] teer Lopes, Littera
(I) Quérovos aconsellar moi ben, mestre Joán, conforme eu entendo, que aínda que teñades un preito con alguén non queirades ser vós quen argumente no xuízo; mais dádelle a voz a outra persoa (que vos substitúa), porque, segundo nós pensamos, ha de tratar con máis amor a vosa onra e todos nós’.
(II) Porén, se quixerdes facer vós a demanda, non a fagades perante o rei de ningún xeito; e direivos por que penso iso: porque nunca volo vexo facer que non pense que tal como o facedes, aínda que o rei se quixese vingar de vós despois, non ten o poder para facelo.
(III) E aínda vos darei outro consello, porque vos quero ben: que nunca usedes a voz no día da Ascensión, nin no día de Nadal, nin doutras festas de Noso Señor nin dos seus santos, porque temo que vos veña moito mal deles.
(IV) Nin na igrexa tampouco vos aconsello que usedes a voz, porque non vos é preciso, pois, se se arma unha pelexa por causa dela, o arcebispo, amigo voso e meu, a quen corresponde facer xustiza no ámbito sagrado e a quen lle pesa moito o mal, se alí se fai, quererá embargarvos todo o que tendes.
(1) E por amor de Deus, estade en paz e deixade de usar a mala voz, pois nin sequera un rapaz o debe facer, nin un xudeu.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10c 10a (= RM 161:14)
Encontros vocálicos: 28 quanto‿avedes
Escarnio dirixido contra o meestre Joan, un músico cantor, que volve aparecer na cantiga seguinte.
Esta cantiga comparte incipit cunha cantiga de amigo de Joan Vaasquiz de Talaveira (nº 791).
A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.
Entrar en voz é ‘demandar xudicialmente’.
A pesar da restauración de unha sílaba no v. 6 e da emenda no v. 7, os versos son confusos e é por iso que Pellegrini os deixa sen texto, ao tempo que os restantes editores presentan lecturas diverxentes e múltiplas. Partindo da idea de que se fai un xogo coa polisemia da palabra voz (‘argumentación nun xuízo ou persoa que a realiza’ e/ou ‘voz para o canto’), nestes tres últimos versos da estrofa parece querer convencer ao mestre Joan de que non sexa el quen ‘leve a voz’ nun hipotético preito e que lla ceda a outro. Porque en xogo estaría a honra do propio mestre e a de todos os demais. Nese sentido presentamos o texto, aínda hipotético e insatisfactorio, onde realizamos dúas leves emendas: a) a conversión de aquantos nun singular aquanto ademais da reintegración de á após vossa (de fácil explicación paleográfica); b) a conversión de <por> como a partícula perfectiva per-, a partir do erro <o>/<e>, moi común nos apógrafos. Así pois, enténdanse estes tres versos do seguinte modo: ‘mais dádelle a voz a outra persoa (que vos substitúa), porque, segundo nós pensamos (aquanto nós avemos), debe amar a vosa onra e todos nós’.
A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).
Lapa (e Lopes) optan pola emenda da lección <uingar> para juĩgar, trisilábica, que parece corresponder mellor ao sentido e evita end[e]; mais a secuencia ende o tamén se encontra no corpus en hiato: ouv’ende o meu coraçon (980.20), ca vej’ende os erdeiros queixar? (1636.6).
Coidamos que ten sentido vingar nun contexto de depreciación hiperbólica da arte do meestre: merecería tal vinganza polo mal que canta que o rei, aínda que quixese, non podería castigalo como merece. Tamén nas estrofas seguintes teme que os santos o castiguen (se vinguen) por cantar mal nas súas festividades. E tamén o arcebispo quererá incautarse de todos os bens do mestre para se resarcir do mal causado por este cantando moi mal na igrexa, causando liorta entre os fregueses.
Neste verso especialmente, como nos vv. 23 e 30, o autor xoga co significado duplo de voz, que tamén significa ‘demanda xudicial’ (véxase nota ao v. 4). En realidade, o duplo sentido está presente en toda a cantiga: nunha primeira lectura habería que a interpretar como ‘demanda xudicial’, e nunha segunda lectura burlesca habería que a interpretar como ‘voz para cantar’, que neste caso era moi deficiente.
A Ascensión e o Nadal son festas relixiosas importantes, con actos litúrxicos cantados.
O adverbio toste ‘cedo, depresa’ é un provenzalismo (tamén en 484.6, 573.3, 860.20, 1367.17, 1494.13, 1509.21, 1637.11), fundamentalmente utilizado na produción poética, sobre todo nas Cantigas de Santa Maria.
Nótese a grafía <ll> en <elles> BV, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Os manuscritos son coincidentes en subministrar unha lección hipermétrica, cun verbo entrar no inicio do verso conservado en Pellegrini e Paredes (o editor italiano indica as sinalefas Nen‿entrar na‿egreja...) que sintacticamente non encaixa na frase, pois conselhar só pode ter un complemento: entrar ou teer (v. 23); isto é, non vos conselh’eu entrar na egreja ou non vos conselh’eu de teer voz. É por isto que aparece a solución lapiana, coa redución de entrar a ar, cun infrecuente afastamento da partícula a respecto do verbo. Coidamos preferíbel a expunción directa de <entrar>, seguramente un erro de copia inducido polo contexto (*entrar na egreja).
No que di respecto a egreja, esta variante egreja (tamén utilizada por Estevan da Guarda en 1340.13 e 1342.6) convive coa maioritaria igreja e a rara egleja (878.8). De todos os modos, esta voz presenta numeroas variantes na produción medieval, onde sobrancea a forma eigreja. Véxase CGPA, s.v.
A emenda de que en quen é desnecesaria polo duplo valor do relativo na lingua medieval.
A expunción da copulativa inicial é demandada pola sintaxe e mais pola métrica. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).
En V aparece a lección <uox> para voz, probabelmente por un erro <x>/<z> (véxanse tamén leccións como <fex> fez, 484.5, ou <pax> paz, 1598.25), máis do que por reflecitir unha eventual palatalización desta forma verbal. Téñase en conta que as formas verbais do tipo quix (véxase nota a 74.13) presentan consoante palatal final sobre formas acabadas en -s coa excepción de trax (véxase nota a 429.24).