I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 211-212); Simões (1991: 51 [= LPGP 760-761]); Littera (2016: II, 272-273).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 83); Braga (1878: 42-43); Machado & Machado (1952: III, 255-256).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 126-127); Nunes (1959: 264-265); Oliveira & Machado (1959: 68-69); Diogo (1998: 195-196).
1 Tal] Val B; en] om. B 2 quanto] [****]to V 6 melhor] melħor V 7 quantos] quāto B 8 quand’en outra sazon] qūdeu out̃ out̃ ffazō B : q̄ndeu out̃ out̃ ffazō V; perdi eu] perdi(d)eu V 9 gran] g̃u B; cuidei] cudey V 10 perdesse] perdese V; coraçon] cura cō B : curacom V 11 senhor] senʳ V 13 quis] q̄s B 14 quis] q̄s B; foss’en] fosem V; poder seu] seu poder BV 15 Quand’eu] Huā deu BV; perdi] ꝑdi(r) V; aquela] aqⁱla B 17 d’atender outro] dāteđs ouiro V 18 de mi-o] demhs̄ B : demħo V 20 senhor] senʳ V 22 Por én] Mosem B : Morem V; que[i]xei] q̄y eiy B : quey eiy V 24 con razon] cō irazō B : corrazō V 25 porque] Epor q̄ B : E por q̄ V 26 sen[h]or] sen̄ B : senʳ V; quantas] q̄ntas V
2 ouv’e non] ouve nen Nunes 3 podesse] podess(e) Nunes 20 en] eu Nunes 22 Por én na] [Foi] en-na Simões : [Foi] ena Littera 25 porque] E, por que Nunes
(I) Houbo un tempo en que perdín todo canto ben tiven e e non pensei que (eu) puidese ter outro ben que se lle puidese equiparar; mais agora Deus xa dispuxo para min que, cando perdín o gran ben da miña dama, fun compensado por outro ben moito mellor de todos cantos vin.
(II) E cando noutro tempo perdín aquel gran ben, logo pensei que non perdería a coita que tiña no meu corazón; mais agora Deus deume unha señora tal que en valía e intelixencia e fermosura é moito mellor que cantas El quixo facer, e quixo logo que eu ficase baixo o seu poder.
(III) Cando eu perdín aquela que amaba máis que a min nin que a calquera outra cousa, non pensaba esperar outro ben; mais prougo a Deus de así mo dispor, pois, cando perdín aquela que amei, recibín compensación con outra señora moito mellor, que Deus me fai servir e desexar.
(1) A pesar do tempo en que eu me queixei a Deus, cando perdín canto desexei, de aquí en diante podo louvalo con razón, (2) porque logrou que teña por señora a mellor de cantas coñezo, en quen puxo tanto ben que non ten par.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 2 x 10c 10c 10a (= RM 161:75)
Encontros vocálicos: 3 podesse‿a; 18 proug[u]e‿a, mi-‿o
A rima demostra o evidente erro de copia en BV, por inversión de elementos no final do verso: nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 590.3, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).
A corrección máis económica das leccións <Mosem> B, <Morem> V é por én, onde só se parte do erro <m>/<p> en BV (e <ſ>/<r> en B), embora por én xa parece presentar o valor do moderno porén.
A métrica e a sintaxe indican que a copulativa inicial do verso é espuria e que debe ser expunxida. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).