312 [= Tav 72,3]
Ando coitado por veer un ome que aqui chegou

Ando coitado por veer un ome que aqui chegou,
que dizen que viu mia sennor, e dira-me se lle falou,
e falarei con el muit’i
en quan muit’á que a non vi.
Por amor de Deus, quen o vir diga-lle que sa prol sera
de me veer, e vee-l’-ei porque a viu, e falar-mi-á,
e falarei con el muit’i
[en quan muit’á que a non vi],
ca muito per-á gran sabor quen sennor ama de falar
en ela se acha con quen, e por én vou aquel buscar,
e falarei con el m[uit’i
en quan muit’á que a non vi],
pero sei eu dela, de pran, ca non m’enviou ren dizer;
mas do om’ei eu gran sabor, porque a viu, de o veer,
e falarei c[on] e[l] m[uit’i
en quan muit’á que a non vi],
ca nunca vi, des que a vi,
outro prazer se a non vi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 201, B 352

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 391-392 [= LPGP 470]); Littera (2016: I, 548-549).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 128-129); Carter (2007 [1941]: 118); Machado & Machado (1950: II, 117-118); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 312).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 49-50); Nunes (1959: 244-245).

Variantes manuscritas


1 coitado por veer] cuytado por auer B   2 -me se lhe] mj selhi B   3 e] om. A   5 Por amor] P (Ey?) (p)or amor A : E por amor B; lle] lhi B   6 vee-l’-ei] ueerlhei B   7 falarei] falar rey B   9 quen] Que B   10 quen] ꝙʷ B   13 pero] P ([E]) (p)ero A : E pero B; eu] om. B   14 mas do om’ei] Mays domei B

Variantes editoriais


En Michaëlis, a composición foi editada en versos octosilábicos, de forma que os versos primeiro e terceiro fican sen rima nas catro estrofas1.

Paráfrase


(I) Ando ansioso por ver un home que aquí chegou, que din que viu a miña señora, e dirame se lle falou, e falarei moito con el entón do moito tempo que hai que a non vin.

(II) Por amor de Deus, quen o vexa que lle diga que lle será proveitoso verme, e heino ver porque a viu, e falarame, e falarei moito con el entón do moito tempo que hai que a non vin, (III) porque quen ama unha señora ten un gozo moi grande en falar dela se acha con quen, e por iso vou buscar aquel (home), e falarei moito con el entón do moito tempo que hai que a non vin, (IV) aínda que sei, con certeza, que ela non me mandou mensaxe ningunha; mais teño un gran desexo de ver ese home, porque a viu, e falarei entón moito con el do moito tempo que hai que a non vin, (1) porque, desde que a vin, nunca tiven outro prazer se non a vin.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 16a 16a 8B 8B + 8b 8b (cfr. Tav 244:3)

Encontros vocálicos: 6 -mi-‿á; 13 en·vi·ou

Notas


Texto
  • 1

    Novamente asistimos á concorrencia de leccións aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.3183.6, 417.8), aver A vs. veer B (92.8, 174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.

  • 5

    Nótese a presenza da copulativa inicial en B (inexistente en A), a confirmar como, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 6

    A lección de B constituiría un caso de «lleísmo», coa aparición dunha forma de CI a substituír o necesario CD de veer.

  1. ^

    Con todo, en A, na primeira estrofa márcanse cada oito sílabas (os nosos hemistiquios) cos habituais puntos indicativos de final de verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado