I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 37-39 [= LPGP 153-154]); Paredesa (2001: 279-280); Lopes (2002: 81-82); Paredesb (2010a: 253-254); Littera (2016: I, 100-101).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 35); Braga (1878: 15); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 179-180); Machado & Machado (1950: II, 366-367); Montoya (1988: 289-290); Paredes (2010b: 180-183); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 169-170); Paredes (2010c: 126-127); Rios Milhám (2018b: III, 489).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: III, 21-22); López-Aydillo (1914: 34-35); De las Casas (1928: 23-24); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 50-51); Dobarro Paz et alii (1987: 65); Tavares & Miranda (1987: 221-222); Montoya (1988: 289-290); Matalobos (1989: 42); Pena (1990: 249-250); Jensen (1992: 46-48); Pena (1993: 146-148); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 62-63); Diogo (1998: 180-181); Arias Freixedo (2003: 346-348); Marcenaro (2006: 60-62); Fidalgo (2009a: 198); Mongelli (2009: 240-241); Gutiérrez (2023: 183).
3 seu] sen B; corredor] coiredor B 4 estremece] estremete B : estre mete V 6 coteife] coyffe B; pavor] panor V 7 coteifes] coreyfes B : coteyses V; orpelados] or pelades B 8 espantados] espantades B 9 genetes trosquiados] genets tᵒs qⁱades B 10 nos] nos BV 11 tiinhan-nos] cijnhānos B : eqnhānos V; aficados] assicados B 13 Vi coteifes] Vcoteiffos V 16 d’Azamor] dizamor BV 17 e ia] chia BV; deles] delhes B : delles V; rio] rriō V 18 Auguadalquivir] augua dilqⁱuir V 20 con infanções] cō jnfā cōes B : cōes V 21 mui] auis V; peores ca] prores ea BV 22 e ouveron] eou cō rafā uerō V 23 panos] pauos B; d’arraizes] da rraiz̄s B : danaizs̄ V 25 coteifes] coteiffos V 26 conhocedores] conhoçedoīs V 27 rapazes] rrapazos V; martinhos] marcmhos B 28 tragian sen[h]or] rragiā senō V 30 fezeron] et fez’ō B : ꞇ ferzō V; todo] tedo BV 31 cochões] cochoēes B : cochēes V 33 dos] des B; cabrões] cabr̄ces V 35 os] es B; dos arções] des arcōes B
12 [e]] [ca] Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera; perdian-na] perdin’a Littera 18 que] qu’ Lopes 20 [s]iguazes] ignazes Lopes, Paredesb, Littera 22 ouveron] houveram Lopes, Littera 23 arraizes] arrazes Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 26 conhocedores] conhecedores Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera 27 que] e Lopes, Littera 30 todo o] todo Lapa : ced’o Lopes : tod’o Littera 34 ao] [e] ao Lopes, Littera
(I) O xinete (cabaleiro mouro) esporea o seu cabalo corredor, estremece e esmorece co medo o cabaleiro vilán.
(II) Vin cabaleiros viláns vestidos de ouropel que estaban aterrados mentres os xinetes tosquiados os atacaban dando voltas arredor deles: tíñanos moi aflitos e perdían a cor co medo.
(III) Vin cabaleiros viláns de moito brío que estaban tremendo sen frío, en pleno estío, ante os mouros de Azamor, e saía deles un río maior que o Guadalquivir.
(IV) Vin bandos de cabaleiros viláns con infanzóns que os seguían comportárense moito peor que os criados, e tiveron tal pavor que os seus panos brancos de Arras tornaron doutra cor.
(V) Vin cabaleiros viláns vestidos con peles de armiño e coñecedores de bos viños a quen os serventes dos combatentes mouros, que viñan sen señor que os capitanease, saíron ao encontro dos covardes, que fixeron todo o peor.
(VI) Vin cabaleiros viláns con barbas máis longas que as dos castróns: co son dos tambores facíanos caer dos arzóns co medo, aos pés do seu señor.
Esquema métrico: 3’a 3’a 7b 3’c 3’c 7b (= RM 52:2) + 5 x 7’a 7’a 7’a 7b 7’a 7b (= RM 13:59)
Encontros vocálicos: 4-5 estremece‿e; 11 ti͜i·nhan; 18 *que‿Auguadalquivir; 30 todo‿o; 36 pe͜es
Nova cantiga en que Afonso X satiriza o terror dos coteifes perante os ataques dos genetes africanos nas guerras de reconquista do territorio peninsular.
Montero Santalla (2000: 390-391) considera que os versos iniciais (vv. 1-6) constitúen o refrán da composición, que non tería sido copiado nas restantes estrofas.
Genete (tamén no v. 9) alude especificamente a un ‘cabaleiro africano’ (tamén en 493.2 e 1577.3, 8 e 13).
Neste contexto, remeter presenta o valor de ‘esporear, facer correr’.
O alfaraz é un cabalo árabe, pequeno e veloz.
Nótese a episinalefa en estremece‿/‿e, de modo que se mantén fixa a combinación métrica 3+7 sílabas.
Coteife ‘soldado inferior, cabaleiro vilán’ (tamén nos vv. 7, 13, 19, 25 e 31) é unha voz de orixe árabe que se liga a nojoso e a vilão ou vilan (véxase 115.13, 371.24); é case exclusivamente utilizado por Afonso X en composicións escarniñas (459.4, 460.28 e, sobre todo, 477, vv. 1, 5, 6, 11), para alén de Roi Queimado (1404.24) e Joan Soarez Coelho (1434.19).
Orpelado é un participio ou adxectivo derivado dun verbo orpelar, por súa vez formado sobre ouropel. A redución fonética do ditongo débese á perda da vogal pretónica e a aparición dunha anómala secuencia [owɾ] (ouropelado > *ourpelado > orpelado) (Veiga 1982, 1986; Ferreiro 1999: §23b).
A omisión dunha sílaba métrica nos manuscritos resólvese sen dificultades coa reintrodución da copulativa (ecdoticamente máis económica do que a causal ca), que liga o verso ao anterior: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final co forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): Ambas eran-nas melhores (113.13), perderon-no sén (202.16), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21).
Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome: cab’ o altar u tangen-na canpãa / do Corpus Domini (CSM 69.38); e prometeu poren / hu͂a que lle nacera de en orden-na meter (CSM 251.13).
No que respecta a color (tamén no v. 24), igual que na restante produción medieval, esta forma erudita convive no corpus (541.14, 592.9, 628.10 e 1471.2, 5, 8, 11, 14, 17 e 18) coa forma xeral evoluída coor (474.22, 1391.11, 1633.15, 1639.20). A forma latinizante color (ou collor) aparece con profusión en todo o tipo de obras, desde as Cantigas de Santa Maria ás traducións da Crónica de Castilla e da Estoria de España e mais da General Estoria, así como na Historia Troiana e, sobre todo, na Crónica Troiana, o mesmo que en diversos documentos notariais. Na produción xerada en territorio portugués acontece igualmente: en textos sinodais (véxase García y García 1982: 78, 81...), nos primeiros libros impresos en Portugal (Machado 2015: s.v. color), así como na Confessio Amantis (Faccon 2012: 321, 357, 359, 361, 416, 161, 474 etc.), en documentos tabeliónicos (véxase, por exemplo, Gomes 2002: I, 73), ou en obras de diverso teor, cales Orto do Esposo, Castelo Perigoso, Leal Conselheiro, Livro da Montaria etc. Véxase CGPA, s.v. color, collor.
Azamor é Azemmour, cidade marroquina.
Repárese no erro gráfico <lh>/<l> de B (<elhes>). Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.
Ademais, canto á grafía <ll> de eles de V en <elles>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Nótese o hipérbato (rio / maior que Auguadalquivir). Canto ao nome do río, que tamén aparece como Aguadalquivir, Guadalquivir e Alquivir nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.)1 , implica unha anómala sinalefa con que que contradí os usos xerais trobadorescos.
O vocábulo az, forma común no léxico guerreiro medieval, significa ‘tropa, escuadrón, batallón’.
A voz siguazes, isto é, ‘secuaces’, en alusión a que os infanzóns irían na retagarda dos coteifes, é un hapax absoluto na lingua medieval e moderna proposto por Lapa na súa edición; pola súa parte, Lopes, seguida pola segunda versión das cantigas afonsinas de Paredes, propón, con lectura mecánica do manuscrito mais sen apoio etimolóxico e/ou documental, ignazes ‘ignorantes’, como unha hipotética distorsión de ignaros.
Nótese o erro de copia en V, que presenta no verso 20 <cões> para infanções, aparecendo con copia moi deficiente mesturado no v. 22 o elemento <rafã> (= infã).
Os rapazes son os criados ou serventes, así chamados pola rapacidade que os caracterizaba.
Mantemos a forma arraizes (cfr. tamén arraiz en 1579.1), a pesar da rima defectuosa con azes e siguazes, que fai referencia a panos (de cor branca) producidos na cidade flamenga de Arraz (act. a francesa Arras)2 . Viterbo (1961: s.v. arraiz) explica abondosamente o arraiz e a orixe do tecido, mesmo documentando explicitamente a forma plural arraizes, para o cal recolle un documento do século XIV:
E contarem os panos por esta guisa. Os panos de brujes e de Ipre E de londres E de panos grandes de Ingraterra E arraizes E tornaisses por hũu pano e meo. E ualençinas E panos pequenos de Ingraterra E usados E outros panos pequenos por hũu pano.
Sobre este tecido véxase tamén Rodríguez Parada (2019: 123-125, s.v. arraz).
Os arminhos fan referencia ás luxosas peles dos armiños que vestirían os coteifes.
Os martinhos son ‘combatentes mouros’, tamén presentes noutra cantiga de Afonso X (494.25-27):
O que se foi con medo dos martinhos
e a sa terra foi bever-los vinhos
non ven al maio
Dun modo similar ao que acontece con miscrar ~ mizcrar ~ mezcrar, o adxectivo mesquinho, de orixe árabe, presenta outras dúas variantes fonéticas alén mesquinho (tamén en 370.3, 1672.7): a forma asimilada misquinho en 1440.7, e a variante con africada implosiva mezquinho en 1579.11. Cfr. nota a 370.3.
A expunción da copulativa é necesaria para a correcta medida do verso, que precisa tamén a sinalefa todo‿o.
O adverbio máis, na secuencia intensificadora mui máis seguida de adxectivo, semella a mellor opción para corrixir a hipometría versal.
En Afonso X o granhon ‘barba’ aparece asociado aos coteifes (véxase tamén 477.1), aínda que esta voz aparece tamén en 478.16, 1613.17 e 1631.6. Fóra de apelativo como sobrenome ou alcume, só o achamos nas Cantigas de Santa Maria (CSM 293.28 grannon, 305.58 grannões; véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. grannon) e nos Miragres de Santiago:
Et entõ tomaras dous dentes et hũu pouquo de granõ et a cabeça darla as aa rreyna dona Orraqua (Pensado 1958: 66).
Os cabrões son, naturalmente, os machos das cabras, así denominados durante a Idade Media, onde só achamos un único rexistro (serodio) de castron nun documento ourensán:
Iten, que bendan a quatro diñeiros a libra e que seja a libra de viinte onças e dereita e o carneiro capado a nobe diñeiros e o colludo a VIII diñeiros e o castrón capado a VII diñeiros e o colludo a VI diñeiros e a qabra e ovella a V diñeiros, sub a dita pena (cfr. CGPA, s.v. castrón).
O atambor (tamén en 1375.18 e 20) é o mesmo que tambor.
Xunto con, aínda, outras formas como Agoa d’Alquiuyr, Agoa d’Elquiuir e Agua do Alquiuir na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: 66, 242, 846).
Co significado de ‘caudillo, xefe, cabaleiro árabe’, arraiz é tamén unha voz homónima que presenta múltiplas variantes: arraz, arraez, orrayaz, arrayaz, arraaz, arraiz (véxase RILG, s.v. arraz; tamén Kremer 2013: 215-218).