I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 99-100); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 81-82 [= LPGP 659-660]); Littera (2016: II, 121-122).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 64); Carter (2007 [1941]: 29-30); Marques Braga (1945: 95-96); Machado & Machado (1949: I, 233-234); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 133).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 7-8); Piccolo (1951: 40-41); Nunes (1959: 233-234); Oliveira & Machado (1959: 26-27); Torres (1977: 475); Fiúza (1981: 114-117); Ferreira (1988: 46-47); Pena (1990: 30-31); Ferreira (1991: 35-36); Jensen (1992: 224); Alonso Girgado (1992: 81); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 137); Diogo (1998: 49-50); Arias Freixedo (2003: 618-619); Mongelli (2009: 17).
2 cuita’n] coytan B 4 vos fillei] uus filei A : (tan muyto) uꝯ filhey B 6 vos] uus A 7 vós] uus A 8 cuita] coita B 9 m’Amor faz prender] mho amor faz sofrer B 10 vós] uꝯ A 11 fezo] fezᵒ B 12 morri] moiri B 13 vos] uos A 15 E] {e} A : om. B; cuita’n] coyta en B; tẽedes] teedes B 16 vivo] uino B 17 om. B 18 pecador] precador B 19 eu] om. B 22 quer] {q̅r} A 23 me] om. B 25 morrer] moirer B 26 viver] uiū B 27 consello non sei] couselhi nō ey B 28 desamparades] desenparades B
2 cuita’n] coyta’n Bertolucci Pizzorusso : coita ‘m Littera 4 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 6 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 8 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; cuita] coita Bertolucci Pizzorusso, Littera 9 m’Amor faz prender] mh-o / Amor faz sofrer Bertolucci Pizzorusso : mi o Amor faz sofrer Littera 10 vós] vus Michaëlis 13 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 15 E desta cuita’n] D’esta coyta en Bertolucci Pizzorusso : Desta coita em Littera 19 sempr’assi] sempr(e) assi Michaëlis : sempre / assy Bertolucci Pizzorusso, Littera 27 consello non sei] consselh’i non ey Bertolucci Pizzorusso : conselh’i nom sei Littera 28 desamparades] desenparades Bertolucci Pizzorusso : desemparades Littera
(I) Señora fermosa, xa que non me queredes crer a coita en que me ten Amor, para o meu mal é que sexades tan fermosa, e para o meu mal vos tomei por señora, e para o meu mal tanto ouvín moi ben falar de vós, e para o meu mal vos vin, pois é o meu mal canto ben vós tendes.
(II) E, pois vós non vos lembrades da coita nin do afán que Amor me fai sufrir, para o meu mal vivo máis do que vós pensades, e para o meu mal me fixo Deus nacer, e para o meu mal non morrín cando pensei en como vos ver, e para o meu mal fiquei vivo, porque a vós o meu mal non vos importa nada.
(III) E desta coita en que vós me tendes, en que hoxe vivo tan a desgusto, que farei eu, xa que vós non ma credes? Que farei eu, infeliz pecador? Que farei eu, vivindo sempre así? Que farei eu, que en mal día nacín? Que farei eu, pois vós non me socorredes?
(IV) E xa que Deus non quere que me socorrades nin que me queirades crer a miña coita, que farei eu? Por Deus, (pídovos) que mo digades! Que farei eu, se non morro logo? Que farei eu, se hei de vivir máis? Que farei eu, que non acho remedio? Que farei eu, a quen vós desamparades?
Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:25)
Encontros vocálicos: 17 mi-‿a; 24 mi-‿o
Nótese como a cantiga presenta repetición construtiva entre as estrofas I-II, vv. 3-5 (e) por meu mal, e III-IV, a través das reiteradas interrogacións Que farei eu...? nos cinco versos finais destas estrofas.
Neste verso aparece preposición en nunha crase (tamén no v. 15) coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5, 390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.
Ao contrario de Bertolucci Pizzorusso e Littera, mantemos a versión de A (prender) fronte á de B (sofrer). Aínda que é maioritaria a construción sofrer afan, existen outras construcións equivalentes (levar afan, aver afan, filhar afan) e tamén se rexistra a fórmula prender afan. Véxase, por exemplo, E anda-s’ela tan dessegurada / come se nunca i prendes[s]e afan (1588.16).
A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 134.24, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
O erro de B (ei vs. sei) debeu ser inducido pola presenza da mesma forma no verso anterior, aínda que esta mesma confusión, á inversa, se rexistra nos tres grandes cancioneiros (ABV), que en 1000.13 presentan <sey>, que debe ser corrixido en prol de ei.