I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 179-180); Blasco (1984: 73 [= LPGP 813-814]); Marcenaro (2012b: 140); Littera (2016: II, 340-341).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 80); Carter (2007 [1941]: 50-51); Marques Braga (1945: 162-163); Machado & Machado (1949: I, 304-305); Fernández Pousa (1953: 5-6); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: 174).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 100-101); Torres (1977: 106-107); Diogo (1998: 83); Arias Freixedo (2003: 741-742); Fidalgo (2009a: 50).
2 no] uo B 4 jaço morrend’] iasco moirend B 5 de min] demj B 6 e que me faz morrer] e quen me faz moirer B 7 non o dig’eu] non lho digueu B; por min] por mj B; ome] homen B 9 tenn’en] tenhe en B 10 non] no A 11 mi ajudaria] manj daria B 12 dissessse, e nunca] dissesse nūca B 13 aver] ueer B 14 por esto] ꝑresto A : p’sto B; tolleito d’un coidado] tolhei tū cuydado B 15 Mais] Miais A 17 lle soubesse] lhi sobesse B 18 pois-la vi, mi á dada] poila uj fadada B 21 x’] om. B 22 coid’, aquant’é] cuydo quante B 23 fosse u a] fossua B
6 que me] quen me Michaëlis, Blasco : quem me Littera 12 dissesse] dissess(e) Michaëlis 13 poderia] poderi(a) Michaëlis 14 por ... coidado] per ... coidado Blasco : per ... cuidado Littera 22 coid’] coido Marcenaro : cuid’ Littera; aquant’é] a quant’é Blasco
(I) Pensaba eu que tiña moitos amigos no mundo, mais, infelizmente, non teño amigos, pois, tan coitado como estou morrendo, alguén se debería apiadar de min, que morro e non ouso dicir de que morro, e quen me fai morrer non o digo eu nin ninguén máis (o di) por min.
(II) E os amigos en que confiaba, de quen considero que fun axudado noutros asuntos, non llo din; mais, se algún deles resolvese obrar asisadamente, moito me axudaría se llo dixese, e con iso nunca podería perder nada e a min poderíame ter librado dun pesar.
(III) Mais isto é cousa moi despropositada, porque non coñezo ninguén con tal poder que, logo que vise a miña señora, fose quen de lle saber dicir a coita que me provocou após a (eu) ter visto, pois, unha vez que contemplase a súa fermosura, eu logo lle había de esquecer e falaría antes por si, se puidese.
(1) E realmente penso, conforme o meu saber, que, despois que fose a onde a puidese ver, que nada dos meus asuntos nin dos seus lle diría.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’b + 10c 10c 10’b (= RM 163:25)
Encontros vocálicos: 11 mi‿ajudaria; 12 dissesse,‿e; 13 poderia‿aver; 18 mi‿á; 23 fosse‿u
Nótese o deslocamento de muitos (amigos avia / muitos) e o conseguinte hipérbato (‘avia muitos amigos’).
O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez).
As formas regulares jaço, jaça, presente de indicativo e de subxuntivo de jazer (< iacēre) son as ofrecidas polo Cancioneiro da Ajuda (80.10, 130.1 –<iazco> B–, 174.4 –<iasco> B–, 346.7), fronte ás formas jasco e jasca e demais formas do presente subxuntivo –anómalas a partir do lat. iacĕo e iacĕam, respectivamente–, propias dos apógrafos italianos (14.32, 1605.10 e 13, 1606.21)1 .
Michaëlis, Blasco e Littera optaron polo quen de B, mais o relativo que de Ajuda condí mellor co contexto, porque as causas da morte do trobador poden ser diversas e non unicamente a senhor.
O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 121.11, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
Nótese a duplicidade aver / veer; en calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (92.8), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
O pronome mí, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con pois. Cfr. nota a 5.10.
Aquanto é variante de quanto (cfr. atal ~ tal, atan ~ tan, atanto ~ tanto) e aparece con frecuencia na frase de carácter formulario como aquant’é meu coidar ou aquant’é meu ciente. Non se debe, pois, segmentar o reforzo inicial como se se tratase da preposición a (véxase nota a 14.49), tal como neste caso fixo Blasco.
Obsérvese a repetición da completiva que tras frase parentética (véxase nota a 53.17-18):
E ben coid’, ...,
que, pois fosse u a podesse veer,
que ren do meu nen do seu non dissesse.
Se cadra son produto da analoxía cos verbos incoativos e similares (cfr., por exemplo, conhosco vs. conhoces).