I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 20 [= LPGP 233-234]); Nunes (1972 [1932]: 79-80); Eirín (2015: 95); Littera (2016: I, 170-171).
II. Outras edicións: Moura (1847: 16-17); Monaci (1875: 41); Braga (1878: 19); Machado & Machado (1952: III, 20-21); Júdice (1997: 87); Montero Santalha (2004); Rios Milhám (2018b: III, 505).
2 vos posso] uos posso BV 3 mia] ma B 5 ven] lhen V 15 sempr'encobri] senp̄ucobri V 17 gran] g̃ra B
8 vos] vós Lang
(I) Señora, xa que Deus dispuxo que agora vos podo ver e falar, quérovos mostrar o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor!
(II) E, señora, agradézolle eu a Deus este ben que me fixo en me facer vervos; e quero contarvos o meu estado para que vexades todo o que me pasa por causa de vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor!
(III) E non sei cando vos volverei ver e por iso vos quero dicir aquí o meu estado, que sempre vos ocultei, para que vexades o que me pasa por vós: vénme gran mal de vós, ai miña señora, en quen nunca puxo mal Noso Señor, (1) porque non puxo en vós mal Noso Señor agás todo canto a min me facedes, señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:33)
Esta cantiga presenta certa intertextualidade coa cantiga 525, tamén de Don Denis, a través do refrán: de mi viir de vós mal, u Deus non / pôs mal, de quantos eno mundo son.
En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).