609 [= RM 25,44]
M[i]a madre velida

M[i]a madre velida,
vou-m’a la bailia
do amor.
Mia madre loada,
vou-m’a la bailada
do amor.
Vou-m’a la bailia,
que fazen en vila,
do amor.
[Vou-m’a la bailada,
que fazen en casa,
do amor].
Que fazen en vila
do que eu ben queria,
do amor.
Que fazen en casa,
do que eu muit’amava,
do amor.
Do que eu ben queria,
chamar-m’-an garrida
do amor.
Do que eu muit’amava,
chamar-m’-an per-jurada
do amor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 592, V 195

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 92-93 [= LPGP 197]); Nunes (1973 [1928]: 43-44); Cohen (2003: 628); Littera (2016: I, 235-236).
II. Outras edicións: Moura (1847: 178-179); Monaci (1875: 77); Braga (1878: 39); Machado & Machado (1952: III, 227-228); Júdice (1997: 66); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 185-186); Seoane (1941: 145-146); Fernández Pousa (1951: 106); Bernárdez (1952: 48-50); Nunes (1959: 382-383); Oliveira & Machado (1959: 121); Landeira Yrago (1975: 282-283); Alvar & Beltrán (1989: 379-380); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 43); Magalhães (2007: 110); Corral Díaz & Vieira (2023: 175); Gutiérrez (2023: 43).

Variantes manuscritas


2 vou] non V   4 Mia] Ma B   17 que eu muit’amava] q̄ eu muytaua V   19 que eu] queu V   20 garrida] gairida B   22 muit’amava] muyca(uai) maua V   23 chamar-m'-an] cha(r)marmā B

Variantes editoriais


1 M[i]a] Ma Nunes   4 Mia] Ma Nunes   20 m’] mh Lang   23 m’] mh Lang; per-jurada] jurada Lang, Nunes : perjurada Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Miña nai belida, voume ao baile do amor.

(II) Miña nai loada, voume á bailada do amor.

(III) Voume ao baile, que fan na vila, do amor.

(IV) Voume á bailada, que fan na casa, do amor.

(V) Que fan na vila do que eu máis quería, do amor.

(VI) Que fan na casa do que eu moito amaba, do amor.

(VII) Do que eu ben quería, chamaranme (amiga) garrida do amor.

(VIII) Do que eu moito amaba, chamaranme (amiga) leal do amor.

Métrica


Esquema métrico: 8 x 5’a 5’a 3B (= RM 26:137)

Encontros vocálicos: 14 *queeu; 17 *queeu; 19 *queeu; 22 *queeu

Notas


Texto
  • *

    Sobre as sistemáticas rimas asoantes ao longo de toda a composición (agás na estrofa II), véxase nota á cantiga 583.

  • 1

    O carácter paralelístico da cantiga e o v. 4 xustifican a corrección da lección de BV, aínda que, en principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 2

    De novo se rexistra conservación de /l/ nunha forma do artigo (tamén no v. 7) na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 19-24

    A semellanza do que acontece na cantiga 585 (con coexistencia de dúas partes de diferente medida, decasílabos e hendecasílabos), tamén neste caso a partir do v. 14 parece iniciarse unha sección con versos hexasilábicos (despois do inicio con pentasílabos), agás que consideremos unha irregular sinalefa que‿eu (vv. 14, 17, 19, 22).

  • 23

    O paralelismo semántico da cantiga desaconsella a parella garrida : perjurada por obvias razóns semánticas (‘garrida’ : ‘desleal’). A forma per-jurada, coa partícula perfectiva per-, resolve o problema paralelístico, de modo que garrida e jurada constitúen o par sinonímico esperado: ‘(amiga) fermosa’ : ‘(amiga) leal’ (cfr. come quen a seu amigo jurado, / bevendo con ele, o foi matar; 483.21).
    Esta interpretación implica un interesante xogo conceptual baseado na antítese entre a forma perjurada ‘desleal’, que aparece nalgunhas cantigas en masculino aplicada ao amigo e a forma per-jurada (leal), que sería un caso único mais ao tempo un achado de gran valor poético precisamente por inverter o significado. É por isto que, a partir da inestabilidade métrica da segunda parte da cantiga, a emenda de perjurada en prol de jurada nas edicións de Lang e Nunes constitúe unha evidente intromisión na lección unánime de BV (nese sentido, pagada sería tamén unha hipótese a considerar para esa eventual emenda da lección dos manuscritos).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado