404 [= RM 81,16]
Parti-m’eu de vós, mia sennor

Parti-m’eu de vós, mia sennor,
sen meu grad’ũa vez aqui,
e na terra u eu vivi
andei sempre tan sen sabor
que nunca eu pude veer
de ren, u vos non vi, prazer.
Na terra u me fez morar
muito sen vós, mia sennor, Deus
fez-me chorar dos ollos meus
e fez-me tan coitad’andar
que nunca eu [pude veer
de ren, u vos non vi, prazer].
E des que m’eu de vós quitei
fezo-me sempr’aver, de pran,
Nostro Sennor mui grand’afan,
e sempre tan coitad’andei
que nunca eu pude veer
[de ren, u vos non vi, prazer].
E non poderia prazer,
u eu vos non visse, veer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 243, B 431, V 43

En V só aparece copiada a primeira estrofa.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 474 [= LPGP 557]); Fregonese (2007: 136); Littera (2016: II, 11-12).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 23); Braga (1878: 9); Carter (2007 [1941]: 140-141); Machado & Machado (1950: II, 254-255); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 404).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 260-261).

Variantes manuscritas


1 Parti] Partir BV; eu] en B; mia] ma V; sennor] seuhe B   2 grad’ũa] grado hunha BV   5 eu] en B; pude] pudi BV   6 vos] uos A   7 Na terra] Da cirā B   10 coitad’] cuy tad B   11-12 [Q]ue nunca desque me. d. q. A   14 fezo-me sempr’] fez me semp’ B   16 tan coitad’] muy cuytad B   17 nunca] uūca B   20 vos] uos AB

Variantes editoriais


2 grad’ũa] grado unha Fregonese   5 pude] pudi Fregonese   6 vos] vus Michaëlis   10 coitad’] cuytad’ Fregonese   11 pude] pudi Fregonese   12 vos] vus Michaëlis   14 sempr’] sempre Fregonese   16 coitad’] cuytad’ Fregonese   17 pude] pudi Fregonese   18 vos] vus Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Separeime eu de vós unha vez aquí, miña señora, contra a miña vontade, e na terra onde eu vivín andei sempre tan a desgusto que nunca eu puiden encontrar gozo de nada onde non vos vin.

(II) Na terra onde (Deus) me fixo morar moito tempo sen vós, miña señora, Deus fíxome chorar dos meus ollos e fíxome tan coitado andar que nunca eu puiden encontrar gozo de nada, onde non vos vin.

(III) E desde que eu me separei de vós fíxome sempre Noso Señor ter moi grande afán, certamente, e sempre andei tan coitado que nunca eu puiden encontrar gozo de nada, onde non vos vin.

(1) E non podería, onde vos eu non vise, encontrar gozo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:358)

Notas


Texto
Buscar
    Non se atopou ningún resultado