I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 54-55 [= LPGP 235]); Nunes (1972 [1932]: 176-177); Littera (2016: I, 202).
II. Outras edicións: Moura (1847: 94-95); Monaci (1875: 59); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 138-139); Júdice (1997: 135); Montero Santalha (2004).
3 o] e V; creades] credes B 7 mui] mhui B 8 Deus] des V; quer] om. B 9 parte] Parta B : perte V; mia] ma B 13 padecer] radecer B : radeçer V 14 de] om. B 16 enton] encō V; temerei] Temey B : (tem̄e) tem̄ey V 19 fezestes] fezedes V
7 que] qui Nunes 18 tod’, a meu sén] tod’o meu sen Lang, Nunes, tod'o meu sem Littera 19 vós] vos Nunes; fezestes] fazedes Lang, Littera
(I) Señora, que mal vos lembrades de todo canto mal eu sufrín e sufro por vós, crédeo ben, que, por Deus, xa non teño forza para soportar unha coita tan grande; mais oxalá Deus vos deixe experimentar parte da moi gran coita que me causades.
(II) E se Deus quere que experimentedes parte da miña coita, sei ben, aínda que agora me desamades, que logo daquela serei amado por vós, e vós poderedes coñecer o sufrimento que é padecer esta coita con que me matades.
(III) E, señora, podedes estar segura que daquela non temerei polo coita que me poidades causar, e, así o penso, recobrarei todo canto vós me fixestes perder; e vós recobraredes o entendemento logo que me fagades algún ben.
Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 7’a 8b 8c 8c 8’a (= RM 100:59)
En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
A segmentación axeitada da secuencia <toda>, facendo transparecer a locución a meu sén ‘no meu entender’, fai con que, a diferenza dos anteriores editores, se respecte a lección dos manuscritos, coa correspondente mudanza semántica no texto.
A variante <fezedes> de V permite unha lección alternativa para este verso (que mi vós fazedes perder) con sentido, porque aínda está acontecendo, non é só algo pasado (o trobador cobrará no futuro o que ela lle está facendo perder agora).