557 [= Tav 25,14]
Amor, en que grave dia vos vi

Amor, en que grave dia vos vi,
pois que, tan muit’á, [a] que eu servi
ja máis nunca se quis doer de mí;
e, pois me tod’este mal per vós ven,
mia senhor aja ben, pois ést’assi,
e vós ajades mal e nunca ben.
En grave dia que vos vi, Amor,
pois a de que sempre foi servidor
me fez e faz cada dia peior;
e, pois ei por vós tal coita mortal,
faça Deus sempre ben a mia senhor,
e vós, Amor, ajades todo mal.
Pois da máis fremosa de quantas son
[ja máis] non pud’aver se coita non,
e per vós viv’eu en tal perdiçon
que nunca dormen estes olhos meus,
mia senhor aja ben per tal razon,
e vós, Amor, ajades mal de Deus.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 540, V 143

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 55 [= LPGP 182]); Nunes (1972 [1932]: 178-179); Eirín García (2015: 228); Littera (2016: I, 202-203).
II. Outras edicións: Moura (1847: 95-96); Monaci (1875: 59-60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 139-140); Júdice (1997: 136); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 eu] ē B   7 vi] ni B   9 e] et V   14 pud’aver] podauer B   17 mia] Ma B   18 ajades] aiade (d) V

Variantes editoriais


2 pois [a] que tam muit’ a que eu servi Lang : poys [a] que tan muyt’ á que eu servi Nunes, Eirín García : pois [a] que tam muit'há que eu servi Littera   4 per] por Lang   15 per] por Lang, Littera   17 per] por Lang, Littera

Paráfrase


(I) Amor, en que mal día vos vin, xa que, hai tanto tempo, a que eu servín nunca xamais se quixo apiadar de min; e xa que todo este mal me vén por causa de vós, ben haxa a miña señora, pois así é, e vós mal haxades e nunca ben.

(II) En que grave día vos vin, Amor, pois aquela de quen sempre fun servidor me fixo e fai cada día peor; e, pois teño por vosa culpa unha coita mortal, faga Deus sempre ben á miña señora e vós Amor, haxades todo o mal.

(III) Pois da máis fermosa de cantas existen xamais puiden recibir nada agás coita, e por vós vivo eu en tal estado de perdición que nunca dormen estes meus ollos, haxa ben a miña señora por esa razón e vós, Amor, haxades mal de Deus.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= Tav 13:10)

Notas


Texto
  • 2

    Do punto de vista paleográfico, a contigüidade favorece a ausencia de <a> após a forma verbal á (nótese, ademais, a frecuencia da expresión tan muit’á no corpus), transparecendo desde xeito un texto factíbel e parcialmente diferente do proposto nas anteriores edicións.

  • 8

    A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 14

    A reintegración de ja máis para resolver a lacuna textual vén condicionada, para alén da frecuente presenza da secuencia ja máis non no corpus, polo v. 3 (ja máis nunca se quis doer de mí).

  • 17

    En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3506.13 e 21554.10556.9557.17604.r2605.4 e 10609.1625.1636.1794.9859.3887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8970.12992.31000.161002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 71457.31459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.11469.21470.61483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5632.1634.13645.9690.11363.r2 na estrofa II).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado