I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 55 [= LPGP 182]); Nunes (1972 [1932]: 178-179); Eirín García (2015: 228); Littera (2016: I, 202-203).
II. Outras edicións: Moura (1847: 95-96); Monaci (1875: 59-60); Braga (1878: 29); Machado & Machado (1952: III, 139-140); Júdice (1997: 136); Montero Santalha (2004).
2 eu] ē B 7 vi] ni B 9 e] et V 14 pud’aver] podauer B 17 mia] Ma B 18 ajades] aiade (d) V
2 pois [a] que tam muit’ a que eu servi Lang : poys [a] que tan muyt’ á que eu servi Nunes, Eirín García : pois [a] que tam muit'há que eu servi Littera 4 per] por Lang 15 per] por Lang, Littera 17 per] por Lang, Littera
(I) Amor, en que mal día vos vin, xa que, hai tanto tempo, a que eu servín nunca xamais se quixo apiadar de min; e xa que todo este mal me vén por causa de vós, ben haxa a miña señora, pois así é, e vós mal haxades e nunca ben.
(II) En que grave día vos vin, Amor, pois aquela de quen sempre fun servidor me fixo e fai cada día peor; e, pois teño por vosa culpa unha coita mortal, faga Deus sempre ben á miña señora e vós Amor, haxades todo o mal.
(III) Pois da máis fermosa de cantas existen xamais puiden recibir nada agás coita, e por vós vivo eu en tal estado de perdición que nunca dormen estes meus ollos, haxa ben a miña señora por esa razón e vós, Amor, haxades mal de Deus.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:10)
Do punto de vista paleográfico, a contigüidade favorece a ausencia de <a> após a forma verbal á (nótese, ademais, a frecuencia da expresión tan muit’á no corpus), transparecendo desde xeito un texto factíbel e parcialmente diferente do proposto nas anteriores edicións.
A forma foi é tamén P1 de pretérito de seer (e de ir): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).
A reintegración de ja máis para resolver a lacuna textual vén condicionada, para alén da frecuente presenza da secuencia ja máis non no corpus, polo v. 3 (ja máis nunca se quis doer de mí).
En principio, ma (variante de B) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).