I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 226-227); Pagani (1971: 83 [= LPGP 262]); Littera (2016: I, 256-257).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87); Braga (1878: 44-45); Machado & Machado (1952: III, 273-274).
1 mia] ma B; receei] Ireceey B 2 d’outra ren] doutʳ irē B; e] & BV; bõa] boa B 3 rece’, e vedes] irece euedes B : rrece edes V 4 vos] uos BV 5 gran] g̃ra B 9 ora] ara V; assi] asy V 11 gran] g̃ra B 13 coraçon] curaçō BV 14 ren] irē B 16 e] et BV 17 gran] g̃ra B
2 bõa] boa Pagani, Littera 3 rece’, e] rreceo Nunes, Pagani : rece[o], e Littera 13 coraçon] curaçon Pagani 16 e] et Pagani 19 sempr’] semp’ Nunes; ouv’, e] ouve Nunes, Pagani
(I) Sempre eu, señora, temín a miña morte máis que outra cousa e xa, abofé, non a temo; e vede por que é: por isto que vos agora direi: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.
(II) Pensaba eu que sempre tería de temer a morte, que sempre temín; mais agora, señora, xa non é así por isto que vos quero dicir: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.
(III) Nin sequera me pasaba polo pensamento que eu puidese de forma ningunha perder o medo á morte; mais agora vexo ben que non o teño, e vede por que non: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte, (1) que eu sempre tiven, e, por Deus, miña señora, moito peor me foi perdelo!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:40)
En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
A axeitada consideración da copulativa en <rrece euedes> B, <rreceedes> V, introducindo a frase vedes por que (cfr. v. 16), evita calquera tipo de emenda na lección dos manuscritos.
A segmentación da copulativa, que Nunes e Pagani non consideraron, flexibiliza a sintaxe e liga sintacticamente o epifonemático final da cantiga.