548 [= RM 25,16]
Assi me trax coitado

Assi me trax coitado
e aficad’Amor
e tan atormentado
que, se Nostro Senhor
a mia senhor non met’en cor
que se de min doa, da mor-
t’averei prazer e sabor,
ca viv’en tal cuidado
come quen sofredor
é de mal aficado
que non pode maior,
se mi non val a que en for-
te ponto vi, ca ja da mor-
t’ei praz[er] e nen un pavor.
E faço mui guisado,
pois soo servidor
da que mi non dá grado,
querendo-lh’eu melhor
ca min nen al; por én conor-
t’eu non ei ja senon da mor-
t’, ende sõo desejador.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 531, V 134

Edicións


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 49 [= LPGP 183]); Nunes (1972 [1932]: 162-163); Eirín (2015: 203); Littera (2016; I, 196-197).
II. Outras edicións: Moura (1847: 81-82); Monaci (1875: 56); Braga (1878: 27); Machado & Machado (1952: III, 122-123); Júdice (1997: 128); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 50).

Variantes manuscritas


5 mia] ma V   6 amor / Ca uerey praxer B : damor / ca arerey prazer V   13-14 da mor- / t’ei praz[er]] damor / Tey prax B : damor / tey praz V   15 faço] fazo B   21 ende] ande B

Variantes editoriais


5 mia] ma Lang, Nunes   6 min] mi Lang, Nunes, Littera; doa] do[i]a Nunes   5-7 a ma senhor nom met’ em cor / que se de mi doa d’amor, / [nunca] averei prazer e sabor Lang   12-14 se mi nom val a que em forte / ponto vi; ca ja da morte / ei [mui gram] prazer e nenhum pavor Lang   14 nen un] nẽum Littera   16 soo] sõo Lang, Nunes, Eirín, Littera   19-21 ca mim nem al; porem, [entom] / conort’ eu nom ei ja se nom / da mort’, ende sõo desejador Lang   21 ende] [e] ende Littera

Paráfrase


(I) De tal xeito me trae coitado e aflixido Amor e tan atormentado que, se Noso Señor á miña señora non lle fai ter a vontade de que teña dó de min, sentirei desexo e gozo da morte, (II) porque vivo en tal aflición como quen é sufridor dun mal lacerante que non podería ser maior, se me non vale a que vin nun aciago día, pois xa sinto gozo pola morte e ningún medo.

(III) E fago o que é axeitado, pois son servidor da que non mo agradece, queréndolle eu mellor que a min nin a outra cousa; por iso xa non teño conforto agás na morte, e deséxoa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6b 6’a 6b 8b 8b 8b (= RM 88:1)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55. Tampouco nesta cantiga foron ligadas as estrofas I-II nas anteriores edicións.

    Nos vv. 6-7 de cada estrofa rexístrase a tmese métrica máis lograda de todo o corpus profano (véxase nota a 482.1-2), que, incomprendida, provocou a deficiente edición inicial de Lang dos tres derradeiros versos de cada estrofa (a corrección editorial xa aparece en Michaëlis 1895a: 525).

  • 1

    A forma palatalizada trax (tamén en 429.24, 540.7, 1342.4, 1489.11) convive con traz, por súa vez forma concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (<*tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). A forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, s.v. trazía). Canto á palatalización, é o único caso en que se produce unha evolución -z > -x, para alén do nome propio importado Beatrix (véxase nota a 988.21), xa que a variante fix (= fiz) só se rexistra nun dos dous manuscritos en 361.3 (V vs. B) e 1031.15 (B vs. V). Véxase nota a 74.13.

  • 5

    En principio, ma (variante de V) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

    Nótese, por outra parte, a presenza neste verso do provenzalismo cor, que compite con coraçon na lingua das cantigas.

  • 6

    A forma etimolóxica doa foi modificada por Nunes en prol de doia, que só se atesta en 189.10 e mais en 522.r, face ás formas máis etimolóxicas doa deste verso e mais doades en 746.10 e 814.9.

  • 19-20

    A forma conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado