276 [= RM 79,50]
Sennor, por Deus, que vos fez parecer

Sennor, por Deus, que vos fez parecer,
per bõa fe, mui ben e ben falar,
que vos non pes de vos én preguntar
desto que querria de vós saber:
se me fazedes por al, sennor, mal
senon porque vos amo máis ca min nen al,
per boa fe, nen ca os ollos meus,
e, se vos menço, Deus non me perdon;
sennor de min e do meu coraçon,
dizede-m’esto, se vos valla Deus:
se me fazedes por al, sennor, mal
[senon porque vos amo máis ca min nen al],
[n]en ca outr’omen nunca amou moller;
e, se por est’é, mal dia naci;
mas empero, sennor, que sej’assi,
saber-mi-o quer’eu de vós, se poder:
se me fazedes por al, sennor, mal
[senon porque vos amo máis ca min nen al].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 169, B 320

En B falta parte da segunda estrofa –só se copiaron os tres primeiros versos desta– e a terceira cobra completa.

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 337 [= LPGP 547-548]); Correia (2001: 371); Littera (2016: I, 602).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 117); Carter (2007 [1941]: 101-102); Marques Braga (1945: 316); Machado & Machado (1950: II, 67-68); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 276).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A   2 bõa] boa B   3 vos] uus A; vos] uus A   4 querria] queria B   5 se] e A; me] mi B   6 vos] uus A; mais ca min] mays q̄ mj̄ B   8 vos] uos A; me] mj B   9 de min] de mi B   10-18 om. B   10 vos] uos A

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis   3 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   6 vos] vus Michaëlis   7 boa] bõa Michaëlis, Littera   8 vos] vus Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis   13 nunca] nunc(a) Michaëlis : nunc' Littera   15 sej’assi] seja ‘ssi Correia   18 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora, por Deus, que vos fixo moi fermosa, abofé, e ben falar, (pídovos) que non vos incomode que eu vos pregunte sobre isto que quería saber de vós: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa, (II) certamente, nin que aos meus ollos, e se vos minto, Deus non me perdoe; señora miña e do meu corazón, dicídeme isto, así vos valla Deus: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa, (III) e máis que nunca outro home amou muller; e se é por iso, en mal día nacín; mais, aínda que sexa así, señora, eu quero sabelo por vós, se puider: se me facedes mal, señora, por outra causa agás porque vos amo máis que a min nin que a ningunha outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 12C (= RM 160:4)

Encontros vocálicos: 13 nuncaamou; 16 -mi-‿o

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 6

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 9

    O apelativo senhor de min (ou ) e do meu coraçon é utilizado en diversas cantigas por poetas diferentes: 328.1 (Rodrig’Eanes de Vasconcelos), 416.14 (Fernan Velho) e 444.15 (Anónimo).

  • 13

    Aínda que o resultado xeral de hŏmĭnem no Cancioneiro da Ajuda é ome, nesta cantiga e mais en 129.14444.10 e 895.2 atéstase a variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (cfr. nota a 66.19). Paradoxalmente, nesta pasaxe B ofrece a lección ome.

  • 15

    A conxunción adversativo-concesiva empero ‘porén, aínda que’ (véxase 277.8), forma derivada de pero, aparece maioritariamente formando parte de locucións conxuntivas de tipo adversativo ou concesivo, como mais empero (493.6 e 509.3) e tamén e empero (véxase nota a 315.18). No presente verso, mas empero é unha locución conxuntiva adversativa ‘porén, non obstante’, pois a conxunción que seguinte é concesiva: ‘non obstante, aínda que sexa así, quero eu sabelo de vós...’.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado