I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 387-388 [= LPGP 469]); Littera (2016: I, 547).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 128); Carter (2007 [1941]: 116-117); Machado & Machado (1950: II, 113-114); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 310).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 323); Arias Freixedo (2003: 500-501).
1 amostrar] mostrar B 2 vos] uus A 3 e que sempr’eu punnei de a servir] Que senpreu muyto punhey de seruir B 5 me falou primeir’] mi falou primeyro B 6 viu] {uju} A : ueio B 7 er quiso] ar quis B 8 E] om. A; soubesse] soubera B 9 punnara] punara A 10 me ela] me la B 12 que] pᵉ que B; sennor] senor A 13 pois me viu] poys que me uyo B 14 prougo-lle] Prouguelhi B; er] ar B 15 queria] queiria B 18 mas non lle] Mays non lhi B 20 viu] uyo B 21 desemparad’andar] desanparadandar B 22 end’a] en de B 23 tod’ome] Codome B 25 com’eu] Como eu B; seu] ssu B 26 ll’averra] lha ueiria B 28 fez-mi aquesto quant’oides contar] leixou massi desenꝑad andar A
2 vos] vus Michaëlis 3 e] é[n] Michaëlis 10 me ela] m(e) ela Michaëlis : m’ela Littera 18 mas] Mais Michaëlis 19 dissesse (tan ben] dissess’! e tamben Michaëlis 26 avẽo] aveo Littera
(I) A miña señora, que Deus me mostrou para mal meu –non vos quero mentir–, e que sempre me esforcei en servir, tivo un gran desexo de me enganar, porque me falou ben primeiro, cando a vin, e, cando viu que perdía o sentido por ela, nunca máis me quixo falar.
(II) E se eu me soubese protexer dela cando a vin, esforzaríame por vivir; mais ela faloume ben e riu, e eu faleille e non vin que se queixase nin se queixou cando a chamei «señora», e, cando me viu moi coitado de amor, próugolle moito e xa non me quixo nin ver.
(III) E xa que me quería desamparar cando a vin, (debera) mandar que me separase inmediatamente dela e que me fose de alí; mais non vin que lle pesase cousa ningunha do que lle eu dixen –tan ben me mirou!–, e, cando viu que o seu amor me someteu, deixoume andar así desamparado.
(IV) E por isto debe tomar exemplo de min todo home que vexa unha dona fermosa, e gárdese ben de se someter ao seu poder como eu me sometín, pois halle acontecer como me aconteceu a min: servina moito e, porque a servín, fíxome todo isto que me ouvides contar.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:49)
Encontros vocálicos: 10 me‿ela; 28 -mi‿aquesto
A forma mostrar de B (vs. amostrar) restaría unha necesaria sílaba no verso (cfr. v. 7). Véxase nota a 35.12.
A frecuente frase formularia por non mentir permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.) e equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.
Coa introdución de muito, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional equilibra metricamente o verso pola ausencia nese cancioneiro da copulativa e do pronome CD: e que sempr’eu punnei de a servir vs. que sempr’eu muito punhei de servir.
O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.
A variante quis de B faría hipométrico o verso (cfr. v. 1). Véxase nota a 60.19.
Resulta certamente interesante a variante de B, que presenta unha forma de antepretérito na cláusula condicional, especialmente cando o verbo principal tamén é unha forma de antepretérito (tamén en pretérito), unha construción que se encontra esporadicamente ao longo dos primeiros séculos da lingua (cfr. nota a 318.3). Véxase, por exemplo, na Crónica Troiana: E, sen falla, se eu cabo uós estouera, nõ fora home que vos ousasse matar (Lorenzo 1985: 365); ou, en territorio portugués, na quiñentista obra de Gomes Eanes de Zurara: ate que a rrompeo por allgu͂s lugares como se fora sayo de pano (Zurara 1997: 184).
Nótese a consecutiva aparición de queixar como verbo intransitivo (raro) e pronominal (de uso frecuente).
Nestes versos, B presenta o acrecentamento espurio de dous elementos que hipermetrizan os versos: no v. 12 coa presenza de por, arrastrado por que (por que), e no seguinte coa aparición de que, arrastrado por pois (pois que).
Resulta sorprendente a aparición de emparar en A (tamén no v. 21), pois esta variante é típica de BV fronte a amparar, xeral no Cancioneiro da Ajuda (véxase amparar A vs. emparar BV en 73.17, 74.22, 118.14, 130.21, 133.28, 145.11, 146.1, 169.r2, 13 e 14, 170.3, 422.17, 423.4, 23 e 25, 982.15 e 16, 983.23, 24, 25 e 26). Cfr. nota a 72.3 e 506.18.
Mandasse (nos vv. 16 e 17) funciona nas dúas aparicións, a pesar de seren formas subxuntivas, como verbo principal do período, tendo que subentender un verbo declarativo. En calquera caso, usos sintácticos similares aparecen esporadicamente na lingua medieval. Cfr., por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344: E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Cintra 1952-1990: II, 123); ou na tradución da Confessio Amantis: E quisesse ora Deus que nós... (Faccon 2012: 283). No corpus trobadoresco profano aparece o mesmo uso en 237.3, 311.16, 376.16, 532.1, 812.9.
A discutíbel aglutinación michaëliana da copulativa deste verso provoca a aparición dun rarísimo tamben, que só se rexistra 295.22, cunha interpretación en que non se considera a cláusula exclamativa.
Este verso repítese case literalmente nunha cantiga de Joan Soarez Coelho (265.18).
Deferença, forma única no corpus profano galego-portugués (véxase Glosario, s.v. fillar deferença), probabelmente é termo de introdución tardía, pois é tamén infrecuente na restante produción medieval; só o achamos nos Miragres de Santiago (Santiago Alfeu he chamado Alfeu a deferença d’este Santiago primeiro que se chama Zebedeu; véxase Pensado 1958: 19), mais atéstase xa repetidamente na prosa portuguesa (didáctica) do século XV (véxase CdP, s.v. deferença, diferença).
Por outra banda, de novo en B, fronte a A, aparece unha variante redaccional en que a perífrase dever + infinitivo omite o nexo preposicional (véxase nota a 146.29): dev’end’a fillar vs. dev’ende filhar (ou dev'én de filhar).
O Cancioneiro da Ajuda copiou, por lapso, o v. 21, final da estrofa anterior.