No final do texto en A foi copiado o que parece o inicio dunha cuarta estrofa, ausente en B: [E]u deseio meu mal.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 406-407 [= LPGP 477]); Littera (2016: I, 554).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 132); Carter (2007 [1941]: 123); Machado & Machado (1950: II, 133-134); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 320).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 52-53); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 105).
2 me] mj B 5 lle] lhi B; me] mj B 7 per] por B 8 ca] que B; lle] lheu B 10 me] mj B 11 lle] lhi B 17 lle] lhi B
5 dé] dê Michaëlis, Littera 6 dé] dê Michaëlis, Littera 11 dé] dê Michaëlis, Littera 12 dé] dê Michaëlis, Littera 17 dé] dê Michaëlis, Littera 18 dé] dê Michaëlis, Littera
(I) Sempre eu roguei a Deus, señora, para que de vós me dese ben, e non quere; mais aínda lle quero rogar outra cousa e, despois que saiba que lle rogo outra cousa, algunha cousa me dará logo, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.
(II) E deste xeito quero eu pór a proba a Deus, pois hai moito tempo que outra cousa lle roguei de vós, señora; mais agora verei se me é de proveito rogarlle así, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.
(III) Xa que El sempre me deu outra cousa, e outra cousa (diferente) desexo eu no meu corazón, rogareille isto, e pensará que non será o meu ben e daramo por mal, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:124)
Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 12 mi-‿o; 16 -mi-‿o; 18 mi-‿o
No que di respecto á variación que ~ ca, a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .