94 [= RM 78,8]
Ja foi sazon que eu cuidei

Ja foi sazon que eu cuidei
que me non poderi’Amor
per nulla ren fazer peor
ca me fazi’enton; e sei
agora ja del ũa ren:
ca ja m’en maior coita ten
por tal dona que non direi
mentr’eu viver; mais guardar-m’-ei
que mi-o non sábia mia sennor,
ca ‘ssi estarei dela mellor,
e dela tant’end’averei:
enquanto non souberen quen
ést’a dona que quero ben,
algũa vez a veerei.
Mais gran med’ei de me forçar
o seu amor, quando a vir,
de non poder dela partir
os meus ollos nen me nembrar
de quantos me enton veerán,
que sei ca todos punnarán
en a saber, a meu pesar.
E averei muit’a jurar
po-la negar, e a mentir,
e punnarei de me partir
de quen me quiser preguntar
por mia sennor, que sei de pran
ca dos que me preguntarán
e dos outros m’ei a guardar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 28, B 121

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 60-61 [= LPGP 513-514]); Littera (2016: I, 639-640).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 45); Carter (2007 [1941]: 19-20); Marques Braga (1945: 60-61); Machado & Machado (1949: I, 173-174); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 94).

Variantes manuscritas


2 poderi’] poderia B   3 nulla] nulla B   4 fazi’] fez hi B   8 guardar] g̃dar B   10 ca ‘ssi] ca assi B   18 nembrar] nebrar B   19 me enton] mentō B   20 que sei ca] ca sei q̄ B   22 E averei muit’a] Ca au’ei muyto a   26 que] ca B

Variantes editoriais


10 ca ‘ssi estarei] c’assi (e)starei Michaëlis : ca ‘ssi ‘starei Littera   19 me enton] m(e) enton Michaëlis : m’entom Littera   20 punnarán] punharan Michaëlis   21 en a] en-na Michaëlis : ena Littera   27 preguntarán] preguntaran Michaëlis

Paráfrase


(I) Xa houbo un tempo en que eu pensei que Amor non me podería de forma ningunha facer peor do que me facía entón; e agora xa sei del unha cousa: que xa en maior coita me ten por unha dona que non direi (II) mentres eu viva; antes evitarei que mo saiba a miña señora, pois así estarei mellor con ela e dela tanto disto recibirei: en canto non souberen quen é a dona que amo, algunha vez a verei. 

(III) Mais teño moito medo de que me force o seu amor, cando a vir, e non poida afastar os meus ollos dela nin lembrarme de cantos entón me verán, pois sei que todos, para o meu pesar, se esforzarán en saber quen é. 

(IV) E terei que xurar moito para a negar, e mentir, e farei o posíbel por me afastar de quen me quixer preguntar pola miña señora, pois sen dúbida sei que dos que me preguntarán e dos outros me hei de gardar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:252)

Encontros vocálicos: 9 mi-‿o, sá·bia; 10 ‘ssiestarei; 19 meenton ve·e·rán

Notas


Texto
  • 3

    A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.

  • 4

    O Cancioneiro da Biblioteca Nacional refai estilisticamente o verso para evitar a inusual crase fazi’enton, coa reconversión de fazia no pretérito fez co adverbio i.

  • 10

    A respecto da diverxencia ca ‘ssi A / ca assi B, nótese como en B existe certa tendencia á aparición da forma plena assi mesmo en contextos en que é de regra a forma reducida ‘ssi (239.10) ou noutros en que o seu uso implicaría unha sinalefa é‿assi: 179.30, 218.8 e 11, 246.15. Véxase nota a 82.10.

  • 19

    Moi probabelmente teñamos que considerar a sinalefa me‿enton antes do que a contaxe bisilábica de veerán, pois en todo o corpus trobadoresco profano só achamos dous contextos certos en que me ou lle aparecen en hiato coa voz seguinte cando esta comeza por vogal: ca Don Ansur, u me el meos val (480.6); e maravilho-me ende (1012.10).

  • 20

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 22

    Obsérvese a alternancia entre a copulativa e en A e a causal ca (ou que) en B, presente tamén noutras pasaxes (80.14, 94.22, 140.28, 317.15). Porén, tamén se rexistra a alternancia contraria (véxase nota a 64.15).

  • 22-23

    Mentir forma parte da perífrase aver + a + infinitivo; isto é: ‘E terei que xurar moito e mentir, para negar que é ela’.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado