I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 209-210); Simões (1991: 45 [= LPGP 759]); Littera (2016: II, 271-272).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 83); Braga (1878: 42); Machado & Machado (1952: III, 254-255).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 128-129); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 174).
No final da cantiga en V aparece o que parece o inicio doutra estrofa: Nō soss en mī ꝑ rē.
1 mia] ma B 2 ca] ia V 3 [e] oj’aquel] <...> B : oy aquel V; que] che V 5 meu] m eu B : in eu V; mentr’] mente V 6 nen] mē B 8 fez] fes V 9 diss’, e] dise B 10 nen sab’el] nero sabel B 11 de quant’ei] dēquatey V 12 esto] este B; pas[s]ei] posey B : pasey V 13 ben] rem V 15 m’El ja fara] mal ia faça B 16 pesar] pessar BV; con tan] conᵗʳᵃ V 17 no coraç[on] meu] < + > B : notoras meu V 18 me] ma V; ca ja] cara B : tara V; non] nē V 19 por] par B; tod’esto passou ja] < + > B : todesto pallou ia V 20 Nunca < + > B 21 Nem <...> B : nem ondeu aia passar nen jnazar V
3 [e] oj’aquel] oj’aquel[e] Nunes : [e p]oy[s] aquel Simões : [e p]oi[s] aquel Littera
(I) Non quero rogar a Deus pola miña morte nin pola miña vida, porque non me vale de nada; e quen o queira rogar por si o rogue, e déixeme a min pasar deste xeito o meu tempo, porque, mentres eu viva, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.
(II) E xa El me fixo tanto mal que non sei como me podería recuperar diso, e non sei nin sabe outra persoa nin El sabe unha razón por que me faga máis mal do que xa teño; e, dado que eu xa pasei por todo isto, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.
(III) E xa nunca El me fará ben nin mal, pois El me provocou pesar con tan gran coita que non me pode dar nunca gozo no meu corazón, pois xa non poderá; e, dado que eu xa pasei por todo isto, nunca me poderá ben nin mal facer, nin nada de que eu sinta pesar nin pracer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:6)
Encontros vocálicos: 2 mi‿á
En principio, ma é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1, 625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
A economía ecdótica aconsella a reintegración, por razóns métricas, da copulativa inicial do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).
Por outra parte, obsérvese o lapso do copista de V, cun aparente italianismo gráfico na copia de que, que volve aparecer en 497.2, 607.2 e 640.2; en 1473.12 e 1679.18 o lapso afecta a voz aqui, copiada como <achi>. Do contrario, en B é menos frecuente (véxase 1233.7 e 1548.12).