I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 187-188); Blasco (1984: 93-94 [= LPGP 837]); Marcenaro (2012b: 161-162); Littera (2016: II, 343-344).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 82); Carter (2007 [1941]: 53-54); Machado & Machado (1949: I, 312-313); Fernández Pousa (1953: 8-9); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 178).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 196-197); Alvar & Talens (2009: 458-460).
1 soubesse, u eu] soubessu a eu B 2 meu] men B 3 verria] ueiria B 4 me] mj B 6 verei] ueerei B 8 Mais, amigos] Me9 amig9 B; fui por mí] foy pʳmj̄ B 9 me] mj B; cuita] coyta B 11 desjuigad’] des uiygad A : desmygad B 12 niun] nē hū B 13 e quand’acordo, amigos] equator da migꝯ B 14 niun] nē hū B; mí] mī A 15 En] om. B; m’oides] mj oyredes B 16 si Deus me perdon] sed’s mj ꝑdon B 17 vi] nj B 19 fremoso] fremosa B 21 lle] lhi B 24 ca lle] q̄lhi B 25 escaecer] escaçer A 29 se me Deus] me (deus) A : sse d’s mj B 31 parais’] (paraiso) e A
1 soubesse] soubess(e) Michaëlis 8 fui] foi Littera 9 cuita] coita Littera 11 desjuigad’] desviingad’ Michaëlis : desjuỹgad’ Blasco : desjüizad’ Littera 12 niun] nẽum Littera 14 niun] nẽum Littera 15 m’oides] mi-oïdes Michaëlis 16 me perdon] mi perdon Marcenaro 22 posso] poss(o) Michaëlis 31 ben-fazer] ben fazer Blasco, Marcenaro
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 161:84)
Encontros vocálicos: 1 soubesse,‿u; 11 des·ju·i·ga·d(o); 22 posso‿algũa; 25 mi-‿o
Para alén da presenza de erros de copia ou de variación inducida pola aparición ou supresión doutros elementos, en B (e V) percíbese, con relación a A, unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); ben vera [<ueera> B] que cab’ela non son ren (305.9); meu ben seria [<seeria> B, <seeria> V]; mais non llo direi (996.15) etc.
Do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui (foi en B) aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.
Desjuigado ‘sen xuízo, desvairado’ é voz formada sobre juigar1 , que se atesta con frecuencia nas Cantigas de Santa María (juigar, joigar) e nalgúns textos legais, especialmente no Foro Real de Afonso X (véxase Ferreira 1987: II, s.v. iuygar). Neste sentido, as edicións de Michaëlis e Littera están sen dúbida erradas.
Neste verso aparece a frase exclamativo-desiderativa, de carácter parentético, que non + pretérito de subxuntivo. Repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse 41.3, 179.4, 270.20, 610.15, 621.3, 647.15, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10).
Enténdase: 'quanto ante no coraçon cuido ca lhe direi...'.
Os datos achegados polos cancioneiros revelan que as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que2 .
Por máis que Deus apareza anulado na copia da cantiga no Cancioneiro da Ajuda, a lección de B e a métrica informan da necesidade deste suxeito no verso.
Obsérvese a inédita aparición de paraiso nunha cantiga de amor para suxerir que o trobador é quen de renunciar mesmo a el polo amor da senhor3 (lémbrese que Pero Garcia Burgales é autor tamén doutras cantigas que se aproximan á irreverencia relixiosa). O feito de que se trate dunha atrevida hipérbole de carácter relixioso explique a cancelación da voz (e do concepto) no Cancioneiro da Ajuda, que, de calquera forma, non completou a súa substitución. En calquera caso, semella o reverso das construcións con inferno ~ iferno que tamén achamos noutras cantigas de amor (véxase as cantigas 379, de Afonso Sanchez, e 926, de Estevan Perez Froiaz).
A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unah formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media, como na Crónica de D. Fernando: e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Macchi 2004: 355-356); tamén no Livro das Confissões: ca veemos que alguu͂s synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Martín Pérez 2012-2013: 367).
Véxase tamén paraiso nunha cantiga de amigo de Joan Garcia de Guilhade (759.7 e 13).