I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 56-57 [= LPGP 515-516]); Littera (2016: I, 638).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 43-44); Carter (2007 [1941]: 17-18); Marques Braga (1945: 56-57); Machado & Machado (1949: I, 168-169); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 92).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 113).
2 meu] a meu A 5 lle] lhi B 7 non] no B; El a min] el(a) a min A : el amj B 8 aver] ueer B 9 m’ouve sempre a] mo uuj semp̃ B 10 m’entender] mēdeender B 11 lle quero; e de provar] lhi q̄re de ꝓnar B 13 de mi oir] demi(a) oyr A : de morir B 14 cuita] coita B 15 toda] coda B 18 toda per nulla] coda ꝑ nulla B 20 viv’ontr’as] uiuo ant’s B 21 morrer] moirer B 24 mẽor morreu j’alguen] meor moireu ia alguē B 25 me] mj B 27 ca] q̄ B 28 quant’El] ꝗʷto B
1 dev’a gradecer] dev’agradecer Littera 2 agora] agor’a Littera 9 sempre a] sempr(e) a Michaëlis : sempr’a Littera 11 quero, e] quer(o), e Michaëlis : quer’, e Littera 14 cuita] coita Littera 16 non a] non-na Michaëlis 24 mẽor ... j’alguen] mẽor ... ja ‘lguen Michaëlis, meor ... já ‘lguen Littera
(I) Moito debe agradecer a Deus, segundo a miña opinión, aquel a quen fai amar unha señora con quen pode falar de forma que lle descubra a súa coita; mais este ben, por non mentir, non me volo quixo El dar a min.
(II) Mais fíxome ter unha tal señora de quen tiven sempre que me gardar, desde que a vin, de que me entendese canto a amo e de tentar probar se me quería consentir, por pouco que fose, ouvirme falar da coita que me fai levar, (III) que xa de ningunha forma a podería saber toda por min, nin tampouco eu coñezo hoxe quen ma puidese crer toda mentres me vise así andar vivo entre as xentes, e falar, e de tal coita non morrer, (IV) cal, desexando o seu ben, me fai o seu amor sufrir, pois de menor (coita) morreu xa alguén; mais Deus me fai así vivir en tan gran coita por mostrar na miña persoa que pode levar a cabo canto El no mundo quere facer.
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:48)
Encontros vocálicos: 9 sempre‿a; 11 quero,‿e; 13 mi‿o·ir; 18 mi-‿a
Esta composición, con unión sintáctico-discursiva entre as súas estrofas a partir da primeira, ligada adversativamente á segunda (igual que as cantigas 220, 235 ou 380 presentan esta ligazón na penúltima estrofa), mostra un certo carácter de cantiga ateúda, xa que a ligazón adversativa ben podería xustificar unha puntuación sen ruptura estrófica final. Cfr. notas ás cantigas 55 e 74. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.
No entanto, a disposición discursiva en Michaëlis estabelece un corte sintáctico simétrico na cantiga, con ligazón entre as estrofas I-II e III-IV; pola súa banda, en Littera non se considera ningún tipo de ligazón interestrófica.
Littera non segmentou axeitadamente o infinitivo gradecer, pois a é o nexo na perífrase dever + a + gradecer, xa que a forma agradecer é aínda inexistente na lingua trobadoresca.
Para alén da lección de B, é obvio que na versión ajudiana se debe omitir a, pois a preposición é inexistente neste tipo de fórmulas (‘na miña opinión ou xuízo’): segund’ora o meu connocer (65.3), segundo meu connoscer (117.19) ou o frecuente segundo meu sén. Talvez o lapso do copista se deba a un cruzamento coa fórmula alternativa a meu cuidar, tamén sólito no corpus trobadoresco profano (nótese, porén, a lección de Littera, a considerar a presenza da preposición). Véxase nota a 228.8.
A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.
Nótese a duplicidade aver / veer. En calquera caso, véxase a mesma ou similar variación entre códices: veer A vs. aver BV (66.31, 83.6, 312.1, 417.8), aver A vs. veer B (174.13), aver A vs. a veer B (188.28, 318.2 e 11), a veer V vs. aver B (754.6). Véxase tamén 61.21, onde é necesaria a emenda de aver en prol de veer.
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.
No Cancioneiro da Ajuda atéstanse as tres variantes da preposición entre –ontre (92.20, 199.8, 1236.1 e 7), antre (309.21 e 22) e entre (149.r2)–, fronte aos apógrafos italianos, que só fornecen a variante antre, agás en 92.20, onde B comparte con A a forma ontre. De calquera maneira, a convivencia destas tres formas de entre lembra a concorrencia das variantes por ~ par ~ per, así como a evolución que se percibe nunha (rara) variante como ontroido para entroido (< introitum):
per tal condizom que dedes deles a min cada ano des dia de san martino atra dia d’Ontroydo C. soldos de móéda dos pretos blandos, a dous pretos por soldo (Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 77).
Véxanse aínda outras atestacións no CGPA, s.v. ontroydo.
O relativo qual refírese á coita (v. 21). Véxase unha construción moi semellante nunha cantiga de Pero da Ponte:
que fillou tan bon compannon,
de qual vos eu quero contar: / ... (989.4).
Ao longo do corpus áchanse poucas ocorrencias de ja con crase coa voz seguinte (sempre iniciada por a-), talvez polo carácter semitónico do adverbio: j’a –pronome ou preposición– (25.3, 64.10, 1588.20), j’assi (238.10, 408.4), j’agora (365.16, 764.r2, 1281.1), j’amigo (689.2). Nótese como en todos os casos ja perde tonicidade (coa conseguinte facilidade para a crase) pola presenza dunha tónica inmediata (alguen, assi, agora, amigo) ou case inmediata (poder). Certamente, débese relativizar o carácter inusual da crase de ja á luz doutras máis estrañas, aínda que puntuais, entre formas verbais de P3 de futuro indicativo (avera, matará, pesará, seera) coa preposición a e co adverbio ali, que non encontran solución gráfica satisfactoria máis do que unha representación do tipo aver’a (59.26), matar’Amor (396.19), pesar’a (898.19) e seer’ali (1637.28). Véxase nota a 59.26.
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .